club de lectura


 

Un club de lectura é un grupo de persoas que len un libro ao mismo tempo.
Reúnense periódicamente para comentar un capítulo do libro ou unha parte acordada de antemán. Nas reunións coméntase o lido, fálase dos personaxes, do que lles gusta, das súas accións e tamén do que nos fai pensar ou dos recordos que non trae á mente.
Para pertencer a un club de lectuta non fai falta ser un especialista en libros e literatura, porque o obxectivo é disfrutar do que lemos e compartilo con amigos.
Normalmente o grupo pode estar formado por 10 ou 15 persoas . Entre as persoas participantes elíxese un moderador que ordenará as quendas de intervención, que lanzará preguntas e animará á participación. O grupo tamén pode decidir cantas veces se reúne e qué libros lles gustaría ler.

 

É importante saber que:
  1. Non hai que ler en voz alta nas sesións do club.
  2. Non é obrigatorio intervir nos debates.
  3. Pódese asistir ás reunións aínda que non se teña lido o acordado.

 

Ademais da lectura poñeranse en marcha se así se acorda, obradoiros como por exemplo de escritura creativa, arte...

 

 

Anímate a participar no primeiro club de lectura do teu centro.

Pide información na bilioteca.